Información e asesoramento na tramitación da nacionalidade española.

Información e asesoramento na tramitación da nacionalidade española.

Como parte das accións do Servizo de apoio á inclusión sociolaboral, o noso équipo técnico acompaña ás mulleres que o precisen no seu proceso de solicitude da nacionalidade española; ofrecendo orientación sobre os requisitos da solicitude, apoio na preparación das probas de coñecementos (DELE e CCSE) e asesoramento individualizado.

O Servizo de apoio á inclusión sociolaboral está subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Dentro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 «Invierte en tu futuro» e enmarcado no obxectivo temático 9 «Promover la igualdad, la salud y la inclusión social»)