Proxecto: «Nin un/unha menos»

Proxecto: «Nin un/unha menos»
A exclusión social hérdase? As posibilidades de desenvolvemento das nosas nenas e nenos están condicionadas desde o seu nacemento?

A experiencia dinos que unha neno ou un neno que nace e vive nun fogar con graves dificultades e carencias económicas, sociais, emocionais, culturais….é candidato a reproducir a situación de exclusión social na que crece.

Na Asociación Centinelas traballamos con mulleres que son nais, asesorámolas, acompañámolas, e formámolas para que poidan mellorar as súas condicions de vida, para que poidan soñar cun futuro, e, de paso, deixarlles aos seus fillos como herdanza una vida digna. A educación é o mellor antídoto para que os “menores en risco de exclusión” se convirtan en xóvenes e  adultos que se integren na sociedade dunha forma normalizada.

A partir do noso traballo con mulleres dos colectivos máis vulnerables constatamos que existen desigualdades que afectan de maneira específica aos/as menores, e que inciden nas distintas fases do seu desenvolvemento:-

– FASE PRENATAL: por mor dun embarazo condicionado por falta de recursos básicos relacionados coa alimentación, coidados médicos, problemas familiares, etc.

– DESENVOLVEMENTO DOS PRIMEIROS MESES DE VIDA: debido a unha inadecuada estimulación, trastornos do vínculo, carencias relacionadas con coidados básicos, deficiencias de alimentación, etc.

– FASE DE ESCOLARIZACIÓN: problemas como consecuencia das carencias descritas nos puntos anteriores, desigualdades á hora de acceder a recursos extraescolares, problemas relacionais, influencias culturais, ausencia de normas e límites, etc.

No proxecto NIN UN/UNHA MENOS, temos como finalidade previr e tratar a desigualdade infantil desde unha perspectiva integradora, ofrecendo oportunidades que fomenten a inclusión socioeducativa dos/as menores, incidindo de maneira específica nas carencias propias da súa condición social.

Para conseguir o noso obxectivo actuamos nunha dobre vertente. Por unha banda, capacitando ás nais e pais no proceso de desenvolvemento socioeducativo dos seus fillos/as, e por outro ofrecéndolle aos menores un servizo de atención temperá e reforzo socioeducativo ao que non teñen acceso debido á situación de vulnerabilidade que padecen.

Porque nin un só menor ten que ver condicionado o seu futuro, porque nas nosas mans está que as nenas e nenos crezan en igualdade de condicións, traballemos para que a súa herdanza sexa a dignidade á que todo ser humano ten dereito.

Proyecto publicado en:

Related Posts

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable. Por primeira vez contamos cun local específico para […]

A Asociación CentinELAS foi galardoada nos Premios Solidarios Cenor

A Asociación CentinELAS foi galardoada nos Premios Solidarios Cenor

A Asociación CentinELAS foi galardoada co 2º premio na V convocatoria dos Premios Solidarios Cenor De entre as múltiples propostas que se presentaron á convocatoria, o noso proxecto Rede “Banco de recursos para a infancia” foi o seleccionado para recibir o 2º premio desta convocatoria […]