Etiqueta: Actividades

Proxecto 100% Muller II

Proxecto 100% Muller II

Dende a Asociación CentineELAS estamos a desenvolver o programa “100% MULLER II”, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O programa, que estará activo ata o mes de setembro, diríxese a mulleres en situación de especial vulnerabilidade con crianzas de […]

Mercadiño solidario

Mercadiño solidario

Temos unha proposta: compartimos solidariedade? O próximo día 27 de maio celebraremos un mercadiño solidario co obxetivo de recadar fondos que nos axuden a continuar co noso labor a prol das nais. Ao tempo é un xeito de aproveitar os bens que temos a sorte […]

Servizo de atención psicopedagóxica – Taller de masaxe infantil

Servizo de atención psicopedagóxica – Taller de masaxe infantil

Seguimos a traballar no noso Servizo de atención psicopedagóxica financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Esta semana tivemos unha nova sesión na escola de nais, e realizamos un taller de masaxe infantil no que explicamos os múltiples beneficios da masaxe e practicamos coa técnica tradicional india Shantala.
Para as vindeiras semanas temos programados novos talleres sobre os que vos iremos informando!

Taller de porteo

Taller de porteo

Hoxe no servizo de atención psicopedagóxica de CentinELAS contamos coa excelente colaboración de Merce, de Colo de trapo, que nos explicou as vantaxes do porteo e os distintos tipos e técnicas que existen. As nosas mamás estiveron encantadas e nós felices de ofrecerlles alternativas beneficiosas […]

Aprender dende a diversión

Aprender dende a diversión

Aquí vos deixamos unha mostra máis das nosas clases preparatorias para a obtención da nacionalidade. A docente do curso, Priscila, non deixa de sorprender ás alumnas con novos métodos para aprender os contidos do curso. Un trivial ou un traballo por proxectos son recursos formativos […]