Hoxe pechamos o programa «100% muller 2020»
Queremos agradecer ao persoal técnico e ás mulleres participantes polo seu esforzo e compromiso. O desenvolvemento deste proxecto foi un gran reto, pero conseguimos transformalo nun espazo de crecemento e aprendizaxe.
A foto que acompaña a esta estrada é quizá o resumo gráfico perfecto da execución deste ano: o emprego das novas tecnoloxías para resolver as limitacións físicas que tivemos que asumir.
Debémosvos unha aperta moi grande a todas as nais que nos acompañaron.
Grazas!
*Programa subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
You must be logged in to post a comment.