Ao non existir unha atención específica onde a conciliación sexa unha opción real para estas mulleres e familias, estase dando unha clara discriminación e desvantaxe, se falamos comparativamente entre mulleres e homes. É por isto que se fai moi complicado programar actuacións que teñen como destinatarias mulleres, nais, sen que exista un espazo para a conciliación familiar.
Unha peza clave na atención que lle ofrecemos ás usuarias da Asociación é facilitar a súa conciliación sociofamiliar, poñendo á súa disposición un espazo lúdico e educativo no que poder deixar ás crianzas mentres as nais participan en actividades de formación ou nun itinerario personalizado.
Este servizo de conciliación desenvólvese tanto nos espazos da Asociación como nos domicilios particulares das nais.