Voluntariado en CentinELAS

.

En CentinELAS valoramos moito os coñecementos, experiencias, e a motivación que trae consigo o persoal voluntario. Se tes ganas  de facer a túa achega  e es sensible ás necesidades das nosas mulleres e as súas crianzas estaremos encantadas de que colabores con nós.

Como entidade inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, con número de identificación O-746, formamos parte da Rede do Anel Solidario. No seguinte enderezo: www.voluntariadogalego.org poderás acceder aos distintos proxectos inscritos nesta plataforma e para os que precisamos persoal voluntario.

Ademais do Voluntariado Galego, tamén temos asinado un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de programas de voluntariado. Na súa páxina web  aparecen recollidos os proxectos nos que podes participar.