Servizo de atención e asesoramento continuado

O servizo de atención e asesoramento continuado constitúe a base da traballo da Asociación. Entre os servizos que ofrecemos atópanse os seguintes:
– Asesoramento en todos aqueles ámbitos de intervención que así o requiran, atendendo ás necesidades e características individuais.
– Asesoramento sobre pautas e habilidades básicas para a maternidade en situación de vulnerabilidade social
– Asesoramento sobre pautas e ferramentas para a protección ante as desigualdades de xénero culturais e sociais.
– Ferramentas, apoio e acompañamento ante as situacións de supremacía e violencia machista no seo familiar.
– Asesoramento en materia de educación para a saúde (hixiene persoal, alimentación, coidado dos menores, e coidados durante o embarazo, etc.).
– Apoio psicolóxico naqueles casos nos que se requira.
– Orientación, formación prelaboral, e intermediación laboral.
– Asesoramento en materia de vivenda, familia, participación  social e redes de apoio.
– Derivación a servizos especializados.