Servizo de atención psicopedagóxica

Un dos retos que nos propoñemos en CentinELAS é previr e tratar a desigualdade infantil desde unha perspectiva integradora, ofrecendo oportunidades que fomenten a inclusión socioeducativa dos/as menores.

Para elo, estamos a deseñar varios proxectos que nos permitan ofrecerlle aos menores un servizo ao que pola súa situación de vulnerabilidade non teñen acceso. Trátase de ofrecerlles atención psicopedagóxica no tocante á detección e avaliación de dificultades no desenvolvemento, dificultades de aprendizaxe, problemas de conduta, etc. e actividades de reforzo educativo adecuado ás súas necesidades específicas.

A posta en marcha deste servizo supón un auténtico reto, pois como reza o noso lema:
«Nin un só menor ten que ver condicionado o seu futuro, nas nosas mans está que as nenas e nenos crezan en igualdade de condicións, por iso traballemos para que a súa herdanza sexa a dignidade á que todo ser humano ten dereito».