Accións formativas, talleres e xornadas

Unha das principais liñas de traballo de CentinELAS é facilitarlle ás mulleres unha formación transversal e de tipo ocupacional, mediante accións individuais ou grupais, que proporcione posibilidades reais de emprego, de promoción e de independencia económica para estas mulleres.

Formación de carácter transversal:
– Cursos de formación lingüística
– Cursos preparatorios para a obtención das competencias clave
– Cursos preparatorios dirixidos á obtención da nacionalidade española
– Cursos de orientación laboral e técnicas de busca de emprego
– Cursos de sensibilización cara a igualdade de xénero

Formación para a capacitación profesional:
– Curso de Empregada do fogar con prácticas en empresas

Talleres:
– Talleres de alimentación saudable para as crianzas
– Talleres sobre o desenvolvemento evolutivo dos/as menores, modelos educativos e a importancia do vínculo.
– Talleres sobre recursos comunitarios para o ocio saudable e o ocio en familia
– Talleres de apoio á lactancia materna

Xornadas:
– Organización de xornadas dirixidas a profesionais do ámbito social sobre temáticas que poden ser de axuda na súa práctica profesional.