Competencias para a igualdade 2021

Competencias para a igualdade 2021

Dese o 1 de xaneiro de este ano estamos a desenvolver o programa «Competencias para a igualdade 2021»

Trátase dun programa de acompañamento ás mulleres no seu proceso de crecemento e autonomía; contribuíndo a restaurar a súa dignidade e mellorar a súa autoconcepto e confianza. Traballaremos en sesións individuais de acompañamento personalizado e actividades grupais que faciliten a creación dunha rede de apoio entre mulleres.

A aprendizaxe teórica-práctica complementarase coa participación activa na xestión dun Banco de Recursos para a Infancia, destinado á cobertura de necesidades básicas das fillas e fillos das mulleres participantes.

Actuación executada grazas á cofinanciación da Deputación da Coruña a través do Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para ou desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2021 (FOIOOA) Importe concedido 20.000€ que representa o financiamento do 80% do importe total do programa.