Grazas!

Grazas!

Queremos agradecer ao persoal voluntario que colaborou connosco no proxecto «Solidarízate 2021» (programa subvencionado parcialmente pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado)

Grazas por axudarnos a fortalecer lazos para que non se borren os sorrisos, por compartir as vosas experiencias, polo voso compromiso para loitar contra a desigualdade.

Grazas por compartir o voso corazón!