Inicio do Servizo de Conciliación

Inicio do Servizo de Conciliación

O Servizo de Conciliación, financiado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, está funcionando dende o pasado 1 de xullo e ata o 30 de novembro. Como é habitual, este servizo presta apoio coas súas crianzas ás mulleres participantes para que poidan desenvolver con éxito os seus itinerarios de inclusión sociolaboral. Logo destes difíciles meses, as crianzas están gozando deste espazo para a socialización, o xogo e o coidado.