Servizo de Apoio á Inclusion Sociolaboral e Transición ao emprego 2023

Servizo de Apoio á Inclusion Sociolaboral e Transición ao emprego 2023

Dende o 1 de xullo de 2023 actívase a nova anualidade dos itinerarios do Servizo de apoio á inclusión sociolaboral; forman parte dun Programa subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa Galicia 2021-2027 co obxectivo de Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluídos os inmigrantes.

Os itinerarios son unha ferramenta que nos permite analizar de forma individual a situación sociolaboral de cada muller coa que traballamos en CentinELAS. A través deste proxecto facemos un traballo conxunto con cada persoa, marcando uns obxectivos realistas e realizando un labor de acompañamento no seu proceso de desenvolvemento persoal e de transición cara o emprego. 
Levamos xa tempo de traballo a través destes itinerarios e son moitos os pequenos e grandes avances que vemos cada día dende a Asociación. 
Se cres que podemos axudarte, non dubides en chamar ao 658 26 57 64 para concertar unha cita connosco (L-V de 10:00 – 14:00)