Servizo de Apoio á Incusión Sociolaboral 2022.

Servizo de Apoio á Incusión Sociolaboral 2022.

Os itinerarios do Servizo de apoio á inclusión sociolaboral forman parte dun Programa subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Dentro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e enmarcado no obxectivo estratéxico REACT-UE-2. «Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social».

Os itinerarios son unha ferramenta que nos permite analizar de forma individual a situación sociolaboral de cada muller coa que traballamos en CentinELAS. 
A través deste proxecto facemos un traballo conxunto con cada persoa, marcando uns obxectivos realistas e realizando un labor de acompañamento no seu proceso de desenvolvemento persoal e de transición cara o emprego. 
Levamos xa tempo de traballo a través destes itinerarios e son moitos os pequenos e grandes avances que vemos cada día dende a Asociación. 
Se cres que podemos axudarte, non dubides en chamar ao 658 26 57 64 para concertar unha cita connosco (L-V de 10:00 – 14:00)

#ReactUEGalicia