Etiqueta: Colaboración

Inclusión social

Inclusión social

Actuacións de inclusión social subvencionadas pola Xunta de Galicia e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Unha vez máis na Asociación CentinELAS estamos a desenvolver actuacións con cargo á convocatoria de inclusión social de Galicia para os anos 2016 e 2017, subvencionada pola Xunta de Galicia […]

Convenio de inserción laboral con Axfoga

Convenio de inserción laboral con Axfoga

En CentinELAS  asinamos un convenio de colaboración con Axfoga coa finalidade de promover a inserción laboral das nosas usuarias. Sabemos que cando as nosas mulleres acadan un emprego gran parte das súas dificultades se solucionan, e é por isto que a orientación e intermediación laboral […]

Proxecto Rede

Proxecto Rede

Recicla, Reemprega, Regala unha nova oportunidade, e Relaciónate solidariamente son as bases sobre as que asenta o PROXECTO REDE.

Este proxecto integra dúas liñas de traballo da nosa Asociación fundamentais para cubrir as necesidades e carencias máis básicas da infancia e a maternidade: o Banco de Recursos para a infancia e a Rede de Apoio ás Nais.

En CentinELAS traballamos entendendo e asumindo a importancia de cubrir as necesidades básicas das nosas usuarias para que estean motivadas e relaxadas no seu proceso de crecemento persoal e inserción laboral, pero tentando romper unha vez máis o modelo de asistencialismo, e promovendo a consecución dos produtos de hixiene ou alimentación infantil a través da súa implicación persoal nos proxectos da Asociación.

Procuramos que o proceso de aprendizaxe e crecemento persoal das mulleres teña unha recompensa polo seu esforzo de cambio ou mellora, ao mesmo tempo que lles achega a seguridade de que poden dedicar ese tempo a elas mesmas como mulleres e nais,  no canto de ter que dedicalo a cubrir as necesidades básicas da súa familia.

O Banco de Recursos  para a Infancia ofrécelle ás nais un servizo de préstamo de material infantil (cadeiras de bebé, berces, saca leites, etc.) no que todas as mulleres participan achegando o que poden e devolvendo aquilo que xa non utilizan para que outras mulleres as poidan empregar en función das súas necesidades.

Moitos dos préstamos e entregas de materiais son posibles tamén grazas á Rede de Apoio ás Nais coa que contamos, composta por persoas socias, persoas particulares e entidades colaboradoras, que coas súas achegas nos permiten ofrecer este servizo tan necesario. Dado o volume de familias co que traballamos, faise necesario contar con recursos que garantan a continuidade deste traballo en rede para o que pedimos a túa colaboración.

O proxecto Rede fomenta en si mesmo que se potencien os valores de consumo responsable, solidariedade, e asociacionismo feminino. Se ti tamén compartes estes valores, únete e Recicla, Reemprega, Regala ás nosas familias a dignidade que se merecen.

 

Proxecto: «Nais con ilusión». Contra a exclusión, poñamos ilusión

Proxecto: «Nais con ilusión». Contra a exclusión, poñamos ilusión

A través do traballo que se desenvolve na Asociación Centinelas detéctanse numerosas carencias e necesidades que afectan específicamente a familias compostas por mulleres xestantes ou con menores en idade escolar. Estas desigualdades contribúen a que estas familias se atopen en situación ou risco de exclusión […]

Proxecto: «Nin un/unha menos»

Proxecto: «Nin un/unha menos»

A exclusión social hérdase? As posibilidades de desenvolvemento das nosas nenas e nenos están condicionadas desde o seu nacemento? A experiencia dinos que unha neno ou un neno que nace e vive nun fogar con graves dificultades e carencias económicas, sociais, emocionais, culturais….é candidato a […]