En que podemos axudarche? Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

En que podemos axudarche? Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral (subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo)

Na Asociación CentinELAS continuamos traballando no desenvolvemento de itinerarios de inclusión sociolaboral dirixidos a mulleres inmigrantes e/ou pertencentes a minorías étnicas en situación ou risco de exclusión social.

Os itinerarios, que están configurados para adaptarse ás características persoais, culturais, sociais e laborais de cada unha das participantes, inclúen as seguintes actuacións singularizadas:

    • Atención social, asesoramento e información sobre recursos especializados no eido sociolaboral.
    • Atención psicolóxica profesionalizada.
    • Asesoramento sobre os requisitos para solicitar a nacionalidade española.
    • Información sobre as probas conducentes á obtención da nacionalidade española (probas DELE E CCSE).
    • Mediación intercultural orientada cara a igualdade de xénero (o choque cultural dende a perspectiva de xénero, prexuízos e estereotipos de xénero nas distintas sociedades, igualdade e corresponsabilidade na parella…).
    • Orientación laboral.
    • Posibilidade de realizar prácticas formativas non laborais en empresas da contorna referentes no seu sector.
    • Incorporación á bolsa de emprego da Asociación.
    • Participación en actividades grupais que fomenten o establecemento de redes sociais de apoio entre mulleres que comparten realidades comúns

Se precisas apoio e asesoramento nalgunha destas cuestións, dende CentinELAS podemos axudarche.


Related Posts

Remate da formación de preparación para as probas na Nacionalidade española e integración social

Remate da formación de preparación para as probas na Nacionalidade española e integración social

A formación de preparación para as probas da Nacionalidade española e integración social (Financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo) chega ao seu fin. As alumnas remataron esta marabillosa experiencia de aprendizaxe e acompañamento. Estamos moi satisfeitas cos logros alcanzados e sobre […]

Prácticas formativas nos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Prácticas formativas nos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Varias usuarias que están a participar nos itinerarios personalizados de inclusión social, subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo, realizaron prácticas formativas non laborais coa finalidade de acadar competencias profesionais nunha contorna real de traballo, e aumentar así as súas posibilidades […]