Actuacións de inclusión social

Actuacións de inclusión social

Na Asociación CentinELAS continuamos a desenvolver actuacións con cargo á convocatoria de inclusión social de Galicia para os anos 2017 e 2018, subvencionada pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e que teñen como obxectivo temático Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

En abril demos continuidade aos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral nos que se atenderán a un total de 50 usuarias que se atopan en situación ou risco de exclusión social. No mes de outubro iniciamos o curso Formación preparatoria probas da nacionalidade española, e en febreiro dará comezo a execución do curso Formación preparatoria para a obtención das competencias clave de nivel 3.

Como non podía ser doutro xeito, todas as actuacións contan co apoio dun servizo de conciliación familiar que permite que as mulleres poidan participar na formación e nos itinerarios sen ningún tipo de condicionante.

Tódalas actuacións están dirixidas ao colectivo de mulleres inmigrantes.


Related Posts

Servizo de Inclusión Sociolaboral e Transición ao Emprego. Verano 2024.

Servizo de Inclusión Sociolaboral e Transición ao Emprego. Verano 2024.

Durante estes meses de verano (xullo e agosto) na Asociación Centinelas continuaremos a desenvolver os servizos que se levan a cabo grazas á concesión Subvención de Inclusión Social de Galicia. Continuaremos a desenvolver as actuaciones concedidas da liña 4.1. B)3º: Servizo de Inclusión Sociolaboral e […]

Inicio formación + prácticas non laborais Camareira de piso 2024.

Inicio formación + prácticas non laborais Camareira de piso 2024.

O próximo 21 de outubro de 2024 comezaremos o curso Formación+prácticas non laborables de Camareira de piso. Esta acción formativa está financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (a través do Programa FSE+ Galicia 21-27) Trátase dunha formación teórico/prácticas pensada para acompañar […]